Cidade da Cultura de Galicia

Cidade da Cultura de Galicia

Museos, sitios históricos y zoológicos

Santiago de Compostela, A Coruña-Galicia 1045 seguidores

Dámosvos a benvida á páxina oficial en Linkedin da Cidade da Cultura de Galicia — Xunta de Galicia

Sobre nosotros

A Cidade da Cultura preséntase como un punto de conexión de Galicia co resto do mundo e un motor para impulsar proxectos culturais innovadores. Construída no cumio do Gaiás, un dos montes que rodean Santiago de Compostela, o arquitecto norteamericano Peter Eisenman deseñou esta “cidade” que semella xurdir da terra para erixirse como unha icona da Galicia contemporánea, dialogando coa Compostela milenaria, Patrimonio da Humanidade e destino do Camiño de Santiago. Este espazo, destinado á cultura, ao emprendemento e á tecnoloxía, acolle catro institucións culturais: - Museo Centro Gaiás. A súa beleza e flexibilidade convérteno no espazo perfecto para acoller exposicións de gran dimensión, eventos culturais e espectáculos de artes escénicas. É o centro cultural e artístico da Cidade da Cultura. - Biblioteca e Arquivo de Galicia. Preservan a memoria bibliográfica e documental da comunidade e actúan como cabeceiras da rede pública de bibliotecas e arquivos. - Centro de Emprendemento Creativo. Acolle a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), que impulsa o tecido empresarial no sector cultural, un espazo de coworking, un viveiro de empresas e unha área de empresas TIC. - Centro de Innovación Cultural (CINC). É sede da Fundación Cidade da Cultura e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que aglutina os servizos tecnolóxicos da Administración galega. - Espazos naturais. O Bosque de Galicia, o Xardín Literario, o Xardín do Teatro e o Parque do Lago son os espazos verdes cos que conta o Gaiás. Lugares nos que gozar da natureza, descansar, practicar deporte e hábitos de vida saudables a través da súa rede de sendas e admirar novas caras da cidade de Compostela.

Sitio web
http://www.cidadedacultura.gal
Sector
Museos, sitios históricos y zoológicos
Tamaño de la empresa
De 11 a 50 empleados
Sede
Santiago de Compostela, A Coruña-Galicia
Tipo
Empresa pública
Fundación
1999

Ubicaciones

  • Monte Gaiás

    Santiago de Compostela, A Coruña-Galicia, ES

    Cómo llegar

Empleados en Cidade da Cultura de Galicia

Actualizaciones

Páginas similares

Buscar empleos