🌿🏃♂️ A natureza como aliada contra o sedentarismo! Este xoves demos un paso máis no Obradoiro de Dixitalización "Rutas Saudables", analizando as respostas do cuestionario e reflexionando sobre como converter os sendeiros e espazos naturais de Galicia en portas de entrada á actividade física para persoas sedentarias. 🌍💙 🏞️ A nosa terra ofrece unha contorna privilexiada para practicar deporte ao aire libre, pero tamén temos que garantir o seu coidado e preservación. Deporte e natureza poden (e deben) ir da man, promovendo hábitos saudables sen esquecer o respecto polo medio ambiente. 💡 Seguimos traballando para que cada paso cara a un estilo de vida activo sexa tamén un paso cara a unha Galicia máis sostible e saudable! 💪🌱 Agradecemos ao Concello de Pontevedra por acoller a reunión de traballo, sempre é un pracer visitar un concello que fai unha aposta tan clara e decidida por promocionar a actividade física. Nesta ocasión participou como invitada a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor que falou do seu proxecto de "Senderos Azules" Grazas polas reflexións e polo voso traballo a Asociación Española Contra el Cáncer, Clúster TIC Galicia, Cluster del Turismo de Galicia, Compostela Golf, EXPOURENSE, Sailway, Salud y Movimiento Gym Boutique e TRICTRACK Circuitos Permanentes.
Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar
Espectáculos deportivos
A Coruña, Galicia 1884 seguidores
Sobre nosotros
O noso Clúster nace coa misión de situar ao sector do deporte galego nunha posición de liderado competitivo , contribuíndo ao progreso e á calidade de vida da nosa contorna. Traballamos para propoñer plans conxuntos que beneficien ao sector e ás empresas integrantes do clúster. Cando falamos da industria do deporte galego estamos a falar dun sector que supón o 2,5% do PIB de Galicia, que xera máis de 12.000 postos de traballo e que ten as características intrínsecas ideais para converterse nun dos motores da economía do futuro.
- Sitio web
-
https://www.industriadeporte.gal/
Enlace externo para Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar
- Sector
- Espectáculos deportivos
- Tamaño de la empresa
- De 2 a 10 empleados
- Sede
- A Coruña, Galicia
- Tipo
- Organización sin ánimo de lucro
- Fundación
- 2021
- Especialidades
- Eventos Deportivos, Instalacións deportivas, Deportes Náuticos, Aforro Enerxético, Equipamento deportivo, Alimentación deportiva, Innovación e Tecnoloxía, Golf, Arquitectura e enxeñería y Formación e prestación de servizos
Ubicaciones
-
Principal
Calle Cantón Pequeño
A Coruña, Galicia, ES
Empleados en Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar
-
Jacobo López Pazos
Lic. CAFYD | Col. nº 53484 / MBA Executive
-
Eduardo Agulló Canosa
Máster Big Data Deportivo. Graduado en Periodismo y Analista de datos especializado en balonmano. Analista y scout en TVB Stuttgart
-
Carlos Garoz
MBA in Sports Management | Computer Science Engineer (UPM) | Digital Product Director | Consultancy in Projects, Product, Digital Transformation…
-
Candela Rial
Actualizaciones
-
🏃♂️💙 A mellor medicina? A actividade física e os hábitos saudables 👂Escoitade esta reflexión da doutora Casey Means, MD. Non ten deperdicio. Os medicamentos poden axudar a controlar síntomas, pero non solucionan a raíz do problema. A realidade é que moitas enfermidades crónicas poderían previrse ou mellorarse cun estilo de vida activo e saudable. 🥗💪🏽 🚶♀️ Moverse máis, comer mellor e reducir o sedentarismo é clave para mellorar a nosa saúde e calidade de vida. O problema? A prevención aínda non ocupa o lugar que debería no sistema sanitario. Necesitamos un cambio de enfoque, onde o exercicio sexa unha ferramenta terapéutica real. 💡 No #Plan2Millóns traballamos para impulsar a actividade física como pilar fundamental da saúde pública. Porque máis deporte significa menos enfermidades e unha sociedade máis forte e saudable! 🌍💙
-
🎬✨ A creatividade móveo todo… tamén o deporte! 💡🏃♂️ Este vídeo de Máis que Auga . elaborado por teiga, studio. demostra que a orixinalidade pode ser a mellor ferramenta para inspirar á xente a moverse. No #Plan2Millóns sabemos que para chegar a todos os públicos hai que saír do convencional, sorprender e facer do exercicio algo atractivo e divertido. Porque o deporte non é só suor e esforzo, tamén pode ser creatividade, emoción e moita diversión! 🎭🔥 Noraboa a Máis que Auga . e teiga, studio. polo excelente traballo 👏👏
-
ENKI levou o Encontro Provincial de Deporte Adaptado a A Coruña 🏀♿, nun evento formativo no que reuniu a máis de 400 escolares. A través das actividades e das charlas impartidas por Enki os nenos e nenas participantes poden poñerse na pel dos deportistas con discapacidade, descubrindo novas formas de practicar deporte inclusivo 🏸🏃♂️🏀. Despois do seu paso pola Coruña, a iniciativa chegará a Pontevedra o 20 de marzo e a Lugo o día 24 co peche do programa. O propósito principal destas xornadas é visibilizar a diversidade funcional a través de xogos e deportes adaptados, así como sensibilizar aos máis novos sobre a discapacidade e fomentar unha actitude inclusiva na sociedade. Desde o Clúster queremos dar a noraboa e o agradecemento a Enki polo seu traballo. Por un deporte sen barreiras! 👏👏
-
-
-
-
-
+1
-
-
💪🏽🌍 Un dos grandes retos impulsado polo Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar é a creación dunha Galicia saudable que sexa unha comunidade referente en actividade física. 🏃♂️🏋️♀️ O deporte é vida, o deporte é saúde, e por iso queremos acompañar á sociedade galega neste trascendental reto. 📰 Esta fin de semana, Sofia Toro, xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, escribía en Quincemil un artigo sobre a importancia e a necesidade de poñer en marcha o #Plan2Millóns. 🏅💙
-
Só quedan tres semanas para o Galicia Sportech Congress! 📅🔥 Os días 2 e 3 de abril, Pontevedra converterase novamente no epicentro da innovación deportiva co Galicia Sportech Congress! 🏆💡 Este evento, xa consolidado como referente no panorama nacional, destaca o potencial da industria galega do deporte 🏋️♂️⚽ e reunirá a decenas de ponentes de primeiro nivel 🎤🚀.
Si todavía no te has apuntado a #GSC25 puede ser porque estuvieses esperando una invitación de altura, una invitación 🏅O-LÍM-PI-CA 🏅 💥💥 ¡Dicho y hecho! Te dejamos con este vídeo de Sofia Toro, campeona olímpica de vela y gerente del Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar. ¡No puedes faltar! Regístrate y vive de primera mano el evento de referencia en innovación deportiva del noroeste de España. 👉 Reserva tu sitio: https://lnkd.in/eZK2XwKA👈 ------------- Galicia Sportech Congress 2025 ⏰ 1 de abril (online), 2 y 3 de abril (presencial) 📍 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Pontevedra. Organizan HubIN.es, Diesemm y Concello de Pontevedra. Innovation partners: Sports Data Campus, Sports & Invest Summit, SportsCoLab | Laboratorio de Innovación , Sports Innovation Latam Colaboran: Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, Universidade de Vigo, Hybrida Producciones, Decathlon #sportstech #evento #innovación #innovacióndeportiva #GaliciaSportechCongress
-
📊 A Industria do Deporte en 2025: Retos e Oportunidades O sector do deporte segue crecendo. Segundo o informe Sporting Goods 2025, elaborado por McKinsey & Company e a Federación Mundial da Industria de Artigos Deportivos (WFSGI), a facturación global do retail deportivo alcanzou os 407.000 millóns de dólares en 2024, cun crecemento previsto do 6% anual ata 2029. 🔹 A Inactividade Física, un Desafío e unha Oportunidade O 31% da poboación adulta é inactiva, unha cifra que podería chegar ao 35% en 2030. Isto supón un reto de saúde pública, pero tamén unha oportunidade para o sector: 1.800 millóns de persoas non cumpren cos niveis mínimos de actividade física recomendados pola OMS, representando un mercado por explorar. 🎟️ Os Eventos Deportivos como un dos motores do sector O mercado dos eventos deportivos segue á alza: en 2024 facturou 72.000 millóns de dólares e crecerá a un 4% interanual nos próximos cinco anos. A modernización das infraestruturas deportivas, como as que se prevén para o Mundial de 2030, será clave para captar máis público e maximizar ingresos. 💡 Que supón isto para Galicia? Desde o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, traballamos para transformar estes retos en oportunidades: ✅ Promoción da actividade física para reverter o crecemento do sedentarismo. ✅ Impulso da modernización das infraestruturas deportivas para adaptalas aos novos tempos. ✅ Apoio á innovación e ao emprendemento no sector deportivo galego. ✅ Impulso da Receita Deportiva, para facer da actividade física unha recomendación médica prioritaria e accesible para toda a poboación A industria do deporte está en constante evolución. O desafío? Manternos á vangarda e aproveitar as oportunidades que este contexto nos ofrece. 💪🌍
-
-
💪🚶♀️ Encántannos estes retos contra o sedentarismo! 🎯🔥 Con motivo do Día Mundial da Actividade Física e o Día Mundial da Saúde, Grupo Jim Sports lánzase a un desafío innovador nas súas instalacións de Palas de Rei: percorrer en relevos e sen paradas os 742,6 km que separan Roncesvalles de Santiago de Compostela. 🏃♂️🏃♀️🏁 Un reto que demostra que a actividade física é o mellor camiño cara a unha vida saudable! 💙💥 Quen se apunta? 🚀
-
-
💡 No noso Plan Estratéxico temos claro un obxectivo: impulsar un Plan Galego de Infraestruturas Deportivas que permita modernizar e actualizar os centros deportivos ao servizo da sociedade galega. 🏟️⚽🏀 📢 Por iso, é unha gran noticia ver como Catalunya aposta forte por este camiño, destinando 150 millóns de euros á modernización da súa rede de instalacións deportivas. 💰🔝 💬 En Galicia debemos seguir esta senda e garantir espazos deportivos modernos, accesibles e adaptados ás necesidades da cidadanía. 🚀 Toca seguir traballando para facelo realidade!
-
📅 Este mércores 12 de marzo, no Hotel OCA Puerta del Camino, terá lugar o evento "Talento, Clientes, Datos", patrocinado por Matrix Fitness España. 👉 Participarán nunha mesa redonda Jose Amado, Francisco Cortegoso Díaz e Pablo Tenreiro. 🔗 https://lnkd.in/ddKwVjR5
-