Quen somos

Fundada en 2011, A Cuarta Parede nace para cubrir un oco no panorama da crítica cinematográfica en liña, onde non existía ningunha cabeceira en lingua galega. Eloy Domínguez Serén e Víctor Paz Morandeira presentaron oficialmente o proxecto o 4 de febreiro de 2011.

Nacida ao carón do Novo Cinema Galego, a revista converteuse axiña nun dos principais espazos de difusión e reflexión desta corrente cinematográfica, así como un lugar para falar do cinema mundial independente e de autor. Entre as publicacións da revista, que abarcan dende críticas ata coberturas de festivais, pasando por textos de análise, destacan especialmente os chamados #Procesos. A medio camiño entre a videocreación e a entrevista convencional, estes vídeos-textos retratan os procesos creativos de moitas das grandes cineastas do cinema galego dos últimos dez anos.

A día de hoxe, a revista conta cunha equipa de máis de 150 colaboradoras e máis de 1000 textos publicados.

O equipo habitual da revista está conformado por:

Dirección

Jesús Silva Vilas

Edición e xestión da web

Brais Romero

Jesús Silva Vilas

Consello de redacción

Laura Montero Plata

Víctor Paz Morandeira

Marta Pérez Pereiro

Brais Romero

María Villamarín

Iván Villarmea Álvarez

Colaboradoras habituais

Pablo Aguilar Martín

Denís Area

Sergio de Benito

Miguel Gómez

Alberto Hernando

Xavier Montoriol

Nacho Ozores

  翻译: