A Delegación del Gobierno en Galicia celebrou no MUNCYT da Coruña acto de homenaxe ao papel da Delegación na democracia a través da figura dos 13 delegados do Goberno que pasaron polo cargo desde 1981. O delegado do Goberno, Pedro Blanco, presidiu un evento no que reivindicou a Delegación como garante de “que a voz de Galicia se escoite en Madrid e de que a acción do Goberno de España chegue ata o último recuncho da nosa terra”. O acto contou coa asistencia de numerosas autoridades, entre as que estaban a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o subdelegado en Ourense, Eladio Santos. Máis info nesta ligazón: https://lnkd.in/d5UABxX4
Sobre nosotros
Página oficial de la Delegación del Gobierno en Galicia | Páxina oficial da Delegación do Goberno en Galicia
- Sitio web
-
https://linktr.ee/delgobg
Enlace externo para Delegación del Gobierno en Galicia
- Sector
- Administración pública
- Tamaño de la empresa
- De 51 a 200 empleados
- Sede
- A Coruña, Galicia
- Tipo
- Agencia gubernamental
Ubicaciones
-
Principal
Plaza de Ourense, 11
A Coruña, Galicia 15004, ES
Empleados en Delegación del Gobierno en Galicia
Actualizaciones
-
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, acompañou esta mañá en #Vilaboa ao titular do Ministerio del Interior, Fernando Grande-Marlaska, na entrega de premios do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas. No acto, Fernando Grande-Marlaska destacou a educación como “a ferramenta máis poderosa que existe” para garantir a seguridade da sociedade. Dez axentes de Policía Nacional e Guardia Civil, dez centros educativos e dez docentes de toda España recibiron os galardóns polo seu traballo para concienciar ao alumnado contra o acoso, a discriminación e os riscos das redes sociais e para previr a delincuencia no entorno escolar. https://lnkd.in/dEv4CxH3
-
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, presidiu hoxe o acto de toma de posesión do novo subdelegado de Ourense, Eladio Santos, a quen animou a impulsar e difundir os proxectos do Goberno en Ourense e a ofrecer á cidadanía da provincia unha administración aberta, próxima e resolutiva. Ao acto asistiron numerosas autoridades locais e provinciais, como voceiros parlamentarios, o presidente da Deputación de Ourense, as subdelegadas do Goberno na Coruña e en Lugo e o subdelegado do Goberno en Pontevedra. https://lnkd.in/dqns-Fbg
-
A Delegación do Goberno en Galicia pon en marcha unha nova canle de comunicación! Neste vídeo achegamos as funcións e estrutura da representación do Goberno de España na Comunidade Autónoma de Galicia. Grazas por seguirnos! #Galicia #AdministracionGeneraldelEstado #DelegaciondelGobierno