1907
Aparencia
1907 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1907 MCMVII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2660 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1356 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4603 – 4604 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5667 – 5668 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1962 – 1963 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1829 – 1830 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5008 – 5009 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1285 – 1286 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1325 – 1326 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2157 | ||||||||||||||||||
|
1907 (MCMVII) foi un ano común comezado en martes segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 14 de xaneiro - Terremoto en Kingston (Xamaica) co resultado de máis de 1000 mortos.
- 5 de marzo - Ábrese nova sesión da Duma en San Petersburgo, e 40 000 persoas que protestaban foron dispersadas pola policía.
- 15 e 16 de marzo - Primeiras eleccións parlamentarias en Finlandia e as primeiras coa participación das mulleres.
- 25 de xullo - Corea convértese nun protectorado do Xapón.
- O Himno Galego é interpretado por vez primeira na Habana, Cuba.
- Créase na Coruña a agrupación Solidaridad Gallega, que se propón fomentar o agrarismo e o rexionalismo. Durante as súas actuacións son pronunciados discursos en galego, feito insólito naquela altura.
Arte e cultura
[editar | editar a fonte]- Pablo Picasso pinta "As señoritas de Avignon" (Les demoiselles d'Avignon).
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 3 de xaneiro - Ray Milland, actor galés.
- 23 de xaneiro - Hideki Yukawa, físico xaponés, Premio Nobel de Física (m. 1981).
- 21 de febreiro - W. H. Auden, escritor angloamericano (m. 1973).
- 4 de abril - Ramón Martínez López, filólogo e político galego.
- 14 de abril - François Duvalier, presidente de Haití.
- 21 de abril - Enrique Líster, militar e político galego.
- 29 de abril - Tino Rossi, cantante e actor francés.
- 9 de marzo - Mircea Eliade, pensador e etnógrafo romanés.
- 15 de abril - Nikolaas Tinbergen, ornitólogo holandés, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1988).
- 12 de maio - Katharine Hepburn, actriz estadounidense (m. 2003).
- 22 de maio - Hergé, creador de banda deseñada belga (m. 1983).
- 23 de maio - John Wayne, actor estadounidense (m. 1979).
- 6 de xuño - Benito Prieto Coussent, pintor e escultor galego (m. 2001).
- 8 de xuño - María Mariño Carou, escritora (m. 1967)
- 18 de xuño - Helen Megaw foi unha mineraloxista irlandesa (m. 2002)
- 23 de xuño - James Meade, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía (m. 1995).
- 25 de xuño - J. Hans D. Jensen, físico alemán, Premio Nobel de Física (m. 1973).
- 6 de xullo - Frida Kahlo, pintora mexicana (m. 1954).
- 23 de xullo - Elspeth Huxley, escritora, xornalista e oficial colonial británica (m. 1997).
- 3 de agosto - Ernesto Geisel, presidente do Brasil (m. 1996).
- 8 de agosto - Benny Carter, saxofonista de jazz estadounidense (m. 2003).
- 12 de agosto - Miguel Torga, escritor portugués.
- 2 de setembro - Xesús Taboada Chivite, arqueólogo e etnógrafo galego (m. 1976)
- 14 de setembro - Edel Quinn, misioneira católica irlandesa (m. 1944).
- 2 de outubro - Víctor Paz Estenssoro, presidente de Bolivia (m. 2000).
- 17 de setembro - Edwin Mattison McMillan, químico estadounidense, Premio Nobel (m.1991).
- 22 de setembro - Maurice Blanchot, escritor e crítico literario francés (m. 2003).
- 4 de novembro - Pilar Primo de Rivera, política española, filla de Miguel Primo de Rivera (m. 1991).
- 18 de novembro - Compay Segundo, músico cubano (m. 2003).
- 28 de novembro - Alberto Moravia, escritor italiano (m. 1990).
- 15 de decembro - Oscar Niemeyer, arquitecto brasileiro.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 20 de xaneiro - Dmitri Mendeleiev, químico ruso, creador da táboa periódica dos elementos (n.1834)
- 6 de febreiro - Adolfo Emanuel Guimarães de Azevedo, escritor brasileiro (n. 1871).
- 16 de febreiro - Giosuè Carducci, poeta italiano, premio Nobel de Literatura en 1906 (n.1835)
- 20 de febreiro - Henri Moissan, químico francés, premio Nobel de Química en 1906.
- 16 de marzo - Manuel Rilo Pardo, gaiteiro galego (n. 1829).
- 28 de abril - Manuel Bibiano Fernández, xornalista galego (n. 1842).
- 15 de xuño - William Le Baron Jenney, arquitecto norteamericano (n. 1832).
- 20 de agosto - Servando Fernández Victorio, avogado, xuíz e político galego (n. 1834).
- 4 de setembro - Edvard Grieg, compositor noruegués.
- 7 de setembro - Sully Prudhomme, poeta francés, premio Nobel de Literatura en 1901 (n. 1829)
- 1 de novembro - Alfred Jarry, escritor francés (n.1873)
- 22 de novembro - Asaph Hall, astrónomo estadounidense.
- 8 de decembro - Rei Óscar II de Suecia (n.1829)
- 17 de decembro - Lord Kelvin, físico británico (n.1824)
- Física: Albert Abraham Michelson
- Química: Eduard Buchner
- Fisioloxía ou Medicina: Alphonse Laveran
- Literatura: Rudyard Kipling
- Paz: Ernesto Teodoro Moneta e Louis Renault
Outros
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1907 |